domingo, 15 de febrero de 2009

FIBONACCI: ALGO MAIS QUE UNHA SUCESIÓN

Como xa vos dixen estes días, imos rematar o tema de sucesións realizando un traballo de documentación sobre Fibonacci, matemático italiano do século XII que traballo con sucesións do tipo:1, 1, 2, 3, 5, 8, 13,....para estudiar a reproducción de coellos nun entorno ideal. Ademais fixo unha importante contribución ao desenvolvemento da Matemática en Europa ao introducir o sistema decimal indo-arábigo de valor posicional e o uso dos números árabes en Europa frente ao sistema de numeración romana

Se considerades que este traballo vos resulta difícil, tedes a vosa disposición unhas preguntas sobre sucesións e números poligonais.

Pódeses escoller entre tres tipos de traballo:


1.- Respostar un cuestionario sobre sucesións. Para descargalo, preme aquí
2.- Elaborar biografía de Fibonacci e sobre a aparición da sucesión que leva o seu nome na Natureza.
3.- Respostar a guía do video " Fibonacci: la magia de los números" da serie de televisión española "Mas por menos" dirixida polo pofresor de Matemáticas Antonio Pérez Sanz, profesor de Matemáticas no IES Salvador Dalí (Madrid). Aquí tedes o video



Videos tu.tv
Videos tu.tv
As preguntas relativas a este video tedelas aquí.

Os traballos realizaranse en grupos de dous (coma sempre escollede ben os vosos/as compañeiros/as de viaxe). Data límite de entrega dos traballos: Xoves, 12 de marzo

Calquera dos tres traballos poden presentarse en soporte ofimático (procesador de textos ou presentación electrónica) ou en papel.

Para axudarvos en calquera deles aquí tedes unha serie de enlaces con información sobre o tema:

Fibonacci and the Golden Mean: Video en inglés sobre a sucesión de Fibonacci e a proporción aúrea (especialmente recomendado para o alumnado da sección bilingüe)

Fibonacci Numbers: Mais vale unha imaxe que mil palabras, nun minuto e medio a sucesión de Fibonacci en exemplos.

El ubicuo Fibonacci: De forma informal relátase a biografia e aportación a ciencia deste matemático

Liber Abaci: Sinálanse brevemente os contidos do libro "Liber Abaci" e algúns dos problemas que nel aparecen.

Fibonacci no arte: Libros, música e películas onde aparece a sucesión.

Biografía de Fibonacci: Páxina da RSME(Real Sociedade Matematica española) onde exprican os contidos dos libros Liber Abaci e El Liber quadratorum

Traballo dun alumno: Un alumno do IES Sierra Minera realizou este traballo que vos pode servir de modelo para o voso.


No hay comentarios:

Publicar un comentario