domingo, 27 de marzo de 2011

COMO PRESENTAR UN PROXECTO ESTATÍSTICO

Calquera proxecto científico debe conter unha serie de apartado.
Na relación que vos presento faltan dous apartado importantes: As refernecias anteriores e a bilbiografía, no voso caso non é necesario que aparezan.

PREZI: OUTRA FORMA DE FACER PRESENTACIÓNS

Como xa vos teño comentado para defender o traballo de Métodos Estatísticos podedes utilizar ferramentas distintas ao clásico PowerPoint. Hai varias, tal e como podedes ver, no pequeño artigo sobre este tema no xornal ABC. Para min, a mais novedosa e impactante é PREZI. Para que vos fagades una idea de como funciona deixovos varios enlaces: Un exemplo sobre como usar a Estatística feito en Prezi (preme no debuxo)


Un titorial en castelán en You Tube





Outro titorial ( en Inglés) elaborado dende Prezi


A ENQUISA CODIFICADA

Xa temos recollidos as enquisas e codificados os datos nun arquivo Excel. É hora de porse a traballar. Por un lado tedes que comezar a elaborar o informe, recordando os obxectivos e por outro, tedes que tabular e calcular os parámetros das variables que ides estudar.

miércoles, 16 de marzo de 2011

A CONXETURA DE NASH DEMOSTRADA

Como xa vos comentei hoxe, dous matemáticos españois afirmar que demsotrados a conxetura de Nash, utilizando técnicas matemáticas sinxelas.

Nash é un matemático estadounidense que recibiu o premio Nobelde Economía en 1.994 polo desenvolvemento da Teoría de Xogos.

Se premedes na foto, podedes acceder a información sobre este tema do diario ABC.

martes, 15 de marzo de 2011

VALORES DAS VARIABLES DA ENQUISA

Nesta seguinte fase do proxecto, temos que poñer nunha folla de cálculo os datos obtidos a través da enquisa. Como ides facelo todos e tedes que compartir os arquivos, é preciso que os valores das variables se escriban do mesmo xeito. Neste arquivo Excel tedes indicado como chamar as variables e que valores toman. É moi importante que o utilicedes exactamente así.

miércoles, 9 de marzo de 2011

INTERVALOS DE CONFIANZA

Imos introducir o concepto de intervalo de confianza, é dicir, un intervalo centrado nun parámetro da mostra que nos vai permitir estimar o valor do mesmo parámetro na poboación.



Nestas esceas de Descartes tedes de forma sinxela a teoría que imos utilizar.