martes, 30 de noviembre de 2010

TRIGONOMETRÍA CON GEOGEBRA

Para introducir a ampliación do concepto de razón trigonométrica para ángulos maiores de 90º, imos utilizar un dos múltiples programas de xeometría dinámica que existen no mercado: o geogebra.
Geogebra é un software libre, de código aberto, que se usa en de matemática para educación en todo tipo de plataformas.
Nos seguintes enlaces tedes distintos escenarios relacionados con este tema, estes foron realizados por Manuel Sada:


domingo, 21 de noviembre de 2010

EXERCICIOS DE ESTATÍSTICA DESCRITIVA

Nesta presentación tedes algúns dos problemas que vos propuxen na aula, xa resoltos.

martes, 16 de noviembre de 2010

EXERCICIOS DOS EXAMES DO CURSO 2009-10

Tal e como me pedichedes, nesta entrada tedes distintos exercicios que puxen o ano pasado no 1º exame da primeira avaliación

PREGUNTAS EXAMES ANTERIORES

Para que vos relaxedes mentres preparades o exame, aquí tedes un vídeo realizado por Glenn Marshall, utilizando un programa onde se xeran puntos en movemento en función das notas da música. Realmente outro xeito de ver as Matemáticas.
Trátase do traballo “Music is Math” do CD "Geoggadi” dos músicos escoceses “Boards of Canada”


Music Is Math from Glenn Marshall on Vimeo.
(vía DOT BOSTON)

jueves, 11 de noviembre de 2010

EXERCICIOS RESOLTOS ECUACIÓNS

Xa sabedes a miña teima, como na música ou no deporte só sae ben o que se practica.
Tiñamos pendentes por correxir varios exercicos de ecuación, aquí tedes a solución, revisade as contas, é posible que algunha non sexa correcta.
Moitos destes exercicios pódense resolver de distintas formas, non sempre escollína a mais rápida, intenteime poñer no voso lugar e pensar o que faríades.


lunes, 8 de noviembre de 2010

TRABALLANDO CON NÚMERO ELEVADO DE DATOS

No arquivo seguinte: TEMPERATURAS VIGO tedes a serie de temperaturas máximas de cada día tomadas na estación meteorolóxica, dende o 1 de xaneiro de 2008 ata 31 de decembro de 2009, das Illas Cies, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas . ( Accedese a eles na páxina web: METEOGALICIA).

Teredes que facer un informe estatístico completo.
1.- Faredes un análise estatístico utilizando unha folla de cálculo, os datos deben estar agrupados. (a entrada anterior damos información suficiente para elaboralo)
2.- Realizaredes o informe cun documento elaborado nun procesador de textos.
3.- Remitiredes por correo electrónico dous arquivos:o traballo realizado na folla de cálculo e o propio informe.
Para unha orientación sobre a elaboración final do informe podedes consultar as notas de prensa de distintos estudos estatísticos realizados polo INE.

martes, 2 de noviembre de 2010

EXERCICO EXCEL. VARIABLE DISCRETA

Nesta entrada tedes dous enlaces:
1.- Relación de funcións estatísticas para unha variable
2.- Arquivo Excel para para realizar unha práctica

VARIABLES ESTATÍSTICAS AGRUPADAS. CÁLCULOS CON EXCEL

FUNCIÓN FRECUENCIA
Cando o número de datos é elevado e decidimos agrupalos en clases, precisamos da función frecuencia para contar cantos elementos hai en cada clase. Tedes dous vídeos da profesora Malena Méndez sobre como calcular o úmero de intervalo e como usar a función frecuencia. Deberedes ter coidado cando fagades a saída dos datos, xa que esta función é de tipo matricial obteremos os resultado pulsando CTRL+ALT+ ENTER.
Na rede hai vídeos mellores sobre este tema pero son para Excel 2007.










REALIZACIÓN DUN HISTOGRAMA
Neste caso tedes dous vídeos porque hai dúas maneiras de abordar este problema.
Utilizando a opción ANALISE DE DATOS ou ben modificando o gráfico de columnas da opción INSERTAR/GRÁFICO





HISTOGRAMA UTILIZANDO GRÁFICOS




HISTOGRAMA COMO UNHA OPCIÓN DE ANÁLISE ESTATÍSTICO EN EXCEL