lunes, 28 de diciembre de 2009

REPASO DOS TEMAS DA 1ª AVALIACIÓN. 1º BAC CCNN


Tal e como quedamos o último día de clase, vouvos subir ao Blog unha colección de exercicios de repaso para que poidades preparar a recuperación que imos facer a volta das vacacións do Nadal.
Empezarei por poñervos uns enlaces da páxina vitutor.net. Algúns de vos sodes uns expertos nesta páxina, ten de todo un pouco e pode servos de utilidade para repasar.

Radicais e logaritmos. Exercicios do 3 ao 9




Ecuacións exponeciais e logaritmicas. Neste enlace tedes aceso a moitos exercicios
Será certo o que pensa a muller do chiste de Forges?.

domingo, 15 de noviembre de 2009

INTERPRETACIÓN GRÁFICAS DOS SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS CON DÚAS INCÓGNITAS

O traballo que vos propoño: ELABORAR UN INFORME SOBRE A RESOLUCIÓN GRÁFICA DE SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS CON DÚAS INCÓGNITAS non é conceptualmente difícil , o obxectivo é que sexades capaces de elaboralo con rigor e precisión. Tedes un pequeno guión que vos axude a ordear as ideas.

Recordade que os grupos deben estar formados por dúas ou tres persoas.

Data límite de entrega: 26 de novembro.

Para facer representacións de funcións hai moitas ferramentas, hoxe fixarémonos nun programa de distribución GNU (Licenza Pública Xeral) totalmente gratuíto e con posibilidades de accede e modificar o código fonte, denomínase GRAFH, pódese descargar libremente dende ESTA PÁXINA WEB

Sempre que vos sexa posible utilizade este tipo de programas, xa que desta forma estamos poñendo en valor o traballo altruísta de moita xente. Ademais neste momento existen programas moi diversos de moi boa calidade

Déixovos tamén unha presentacións electrónica que vos pode dar ideas de cómo facelo:

GUIÓN:

  1. Introdución
  2. Definición de sistemas de ecs lineais con dúas incógnitas
  3. Clasificación dos sistemas atendendo ao número de solucións
  4. Representación gráfica dunha ecuación lineal con dúas incógnitas ax+by=c
  5. Representación gráfica dos sistemas de dúas incógnitas
  6. Relación entre a solución gráfica dun sistema de ecuacións e a súa clasificación. Exemplos.
  7. Condicións que deben cumprir as ecuacións dun sistema en función das solucións do sistema
  8. Referencias e bibliografía


lunes, 26 de octubre de 2009

LOGARITMOS

A petición do voso compañeiro Hugo, deixovos unha presentación realizada polo profesor Héctor Espinosa Fernández (Trujillo-Perú) onde aparece a definición e as propiedades dos logaritmos.



Tedes ademais estos videos, onde explican algunhas aplicacións dos logaritmos. Prestade atención ao vídeo sobre logaritmos decimais e neperianos. Tamén é moi interesante o exercico que aparece neste.

(via CIBERMATEX)
Por último, uns exercicios para que practiquedes

jueves, 15 de octubre de 2009

A CALCULADORA ON LINE WIRIS

Ao longo deste curso presentareivos varias ferramentas da rede, que vos facilitarán o traballo.

A primeira delas é unha calculadora on line denominada: WIRIS, aínda que non realiza cálculos moi difíciles, permítevos facer todas as contas que poidades ter ao longo do Bacharelato e a ESO.

Seu uso é moi sinxelo, a pesar diso aquí tedes varios vídeos e un manual que vos pode axudar a usala.


miércoles, 14 de octubre de 2009

POTENCIAS DE 10

En 1.977, Charles y Ray Eames fixeron unha película de nove minutos titulada 'Potencias de Diez' -Powers of Ten “, que fala da medida e da distancia. Baseada nesa idea xurdiron moitas películas e presentacións parecidas.
A páxina Web http://www.powersof10.com/ é unha páxina adicada as potencias de 10, a través dela podese ver a película orixinal, o único que tes que facer é rexistrate.
O vídeo que vos deixo ten a imaxe orixinal da película pero o audio está traducido


martes, 29 de septiembre de 2009

HAINOS QUE FAN MAIS BARBARIDADES QUE VOS.

O voso compañeiro Anxo púxome sobre a pegada destas barbaridades que cometeron algún alumnos e alumnas nos exames. Sei que é imposible que vos fagades o mesmo.

POTENCIAS E RADICAIS


Comezamos o curso co calculo de radicais, as veces cústavos botar andar e decatarvos de que a forma de facer operación é a mesma sexan números reais ou racionais.

Aquí déixovos unha serie de enlaces que vos permitirán practicar e aclarar conceptos.

Radicales en Descartes 3D: Unha introdución aos conceptos de radicais e algún exemplos e exercicios sinxelos, están no Proxecto Descartes. Debedes seguir as instrucións que se dan na unidade e polo tanto copiar no caderno de traballo os exemplos e os exercicios que debedes resolver para avanzar.

Agora un pouco mais complicado, realizade os exercicios que vos parecen neste arquivo, fíxate nas racionalizacións. Data límite de entrega: 14 de outubro

miércoles, 18 de febrero de 2009

UNIDADES DE MEDIDA

Aínda que xa as coñecedes dende Primaria é convinte que repasedes estos conceptos.
Recordade que podemos relacionar a capacidade co volume directamente pero para relacionar volume con masa precisamos coñecer a densidade.

Practicade con estas páxinas que vos deixo.
Unidade didáctica interactiva: Trátase dun traballo moi interesante onde aparecen varios cuestionarios para cubrir "on line". Ten tamén unha breve historia da medida.
O sistema métrico decimal: A mesma idea que o enlace anterior pero de execución mais sinxela, moi boa forma de repasar.

En algúns países de fala inglesa ou en algúns traballos non se utiliza o Sistema Métrico Decimal senon que emprégase a libra, a polgada, a milla naútica,... Para coñecer as equivalencias entre unhas e outras utilizade este conversor de unidades.

Sempre vos insisto na necesidade de saber de forma aproximada que representa no espazo certo volume, saber que ocupa 1 metro cúbico, 1 decilitro. Saber cal é a superficie aproximada do patio do Instituto, dun campo de fútbol. Neste vídeo exponse de forma divertida as consecuencias de non ter craro o valor das unidades. o video forma parte da serie "Ojo Matemático" emitido pola TV2



Non olvidedes traer as receitas de cociña. Imos calcular as cantidades que precisamos e que imos gastar para facer unha gran festa.

domingo, 15 de febrero de 2009

FIBONACCI: ALGO MAIS QUE UNHA SUCESIÓN

Como xa vos dixen estes días, imos rematar o tema de sucesións realizando un traballo de documentación sobre Fibonacci, matemático italiano do século XII que traballo con sucesións do tipo:1, 1, 2, 3, 5, 8, 13,....para estudiar a reproducción de coellos nun entorno ideal. Ademais fixo unha importante contribución ao desenvolvemento da Matemática en Europa ao introducir o sistema decimal indo-arábigo de valor posicional e o uso dos números árabes en Europa frente ao sistema de numeración romana

Se considerades que este traballo vos resulta difícil, tedes a vosa disposición unhas preguntas sobre sucesións e números poligonais.

Pódeses escoller entre tres tipos de traballo:


1.- Respostar un cuestionario sobre sucesións. Para descargalo, preme aquí
2.- Elaborar biografía de Fibonacci e sobre a aparición da sucesión que leva o seu nome na Natureza.
3.- Respostar a guía do video " Fibonacci: la magia de los números" da serie de televisión española "Mas por menos" dirixida polo pofresor de Matemáticas Antonio Pérez Sanz, profesor de Matemáticas no IES Salvador Dalí (Madrid). Aquí tedes o video



Videos tu.tv
Videos tu.tv
As preguntas relativas a este video tedelas aquí.

Os traballos realizaranse en grupos de dous (coma sempre escollede ben os vosos/as compañeiros/as de viaxe). Data límite de entrega dos traballos: Xoves, 12 de marzo

Calquera dos tres traballos poden presentarse en soporte ofimático (procesador de textos ou presentación electrónica) ou en papel.

Para axudarvos en calquera deles aquí tedes unha serie de enlaces con información sobre o tema:

Fibonacci and the Golden Mean: Video en inglés sobre a sucesión de Fibonacci e a proporción aúrea (especialmente recomendado para o alumnado da sección bilingüe)

Fibonacci Numbers: Mais vale unha imaxe que mil palabras, nun minuto e medio a sucesión de Fibonacci en exemplos.

El ubicuo Fibonacci: De forma informal relátase a biografia e aportación a ciencia deste matemático

Liber Abaci: Sinálanse brevemente os contidos do libro "Liber Abaci" e algúns dos problemas que nel aparecen.

Fibonacci no arte: Libros, música e películas onde aparece a sucesión.

Biografía de Fibonacci: Páxina da RSME(Real Sociedade Matematica española) onde exprican os contidos dos libros Liber Abaci e El Liber quadratorum

Traballo dun alumno: Un alumno do IES Sierra Minera realizou este traballo que vos pode servir de modelo para o voso.