martes, 30 de noviembre de 2010

TRIGONOMETRÍA CON GEOGEBRA

Para introducir a ampliación do concepto de razón trigonométrica para ángulos maiores de 90º, imos utilizar un dos múltiples programas de xeometría dinámica que existen no mercado: o geogebra.
Geogebra é un software libre, de código aberto, que se usa en de matemática para educación en todo tipo de plataformas.
Nos seguintes enlaces tedes distintos escenarios relacionados con este tema, estes foron realizados por Manuel Sada:


domingo, 21 de noviembre de 2010

EXERCICIOS DE ESTATÍSTICA DESCRITIVA

Nesta presentación tedes algúns dos problemas que vos propuxen na aula, xa resoltos.

martes, 16 de noviembre de 2010

EXERCICIOS DOS EXAMES DO CURSO 2009-10

Tal e como me pedichedes, nesta entrada tedes distintos exercicios que puxen o ano pasado no 1º exame da primeira avaliación

PREGUNTAS EXAMES ANTERIORES

Para que vos relaxedes mentres preparades o exame, aquí tedes un vídeo realizado por Glenn Marshall, utilizando un programa onde se xeran puntos en movemento en función das notas da música. Realmente outro xeito de ver as Matemáticas.
Trátase do traballo “Music is Math” do CD "Geoggadi” dos músicos escoceses “Boards of Canada”


Music Is Math from Glenn Marshall on Vimeo.
(vía DOT BOSTON)

jueves, 11 de noviembre de 2010

EXERCICIOS RESOLTOS ECUACIÓNS

Xa sabedes a miña teima, como na música ou no deporte só sae ben o que se practica.
Tiñamos pendentes por correxir varios exercicos de ecuación, aquí tedes a solución, revisade as contas, é posible que algunha non sexa correcta.
Moitos destes exercicios pódense resolver de distintas formas, non sempre escollína a mais rápida, intenteime poñer no voso lugar e pensar o que faríades.


lunes, 8 de noviembre de 2010

TRABALLANDO CON NÚMERO ELEVADO DE DATOS

No arquivo seguinte: TEMPERATURAS VIGO tedes a serie de temperaturas máximas de cada día tomadas na estación meteorolóxica, dende o 1 de xaneiro de 2008 ata 31 de decembro de 2009, das Illas Cies, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas . ( Accedese a eles na páxina web: METEOGALICIA).

Teredes que facer un informe estatístico completo.
1.- Faredes un análise estatístico utilizando unha folla de cálculo, os datos deben estar agrupados. (a entrada anterior damos información suficiente para elaboralo)
2.- Realizaredes o informe cun documento elaborado nun procesador de textos.
3.- Remitiredes por correo electrónico dous arquivos:o traballo realizado na folla de cálculo e o propio informe.
Para unha orientación sobre a elaboración final do informe podedes consultar as notas de prensa de distintos estudos estatísticos realizados polo INE.

martes, 2 de noviembre de 2010

EXERCICO EXCEL. VARIABLE DISCRETA

Nesta entrada tedes dous enlaces:
1.- Relación de funcións estatísticas para unha variable
2.- Arquivo Excel para para realizar unha práctica

VARIABLES ESTATÍSTICAS AGRUPADAS. CÁLCULOS CON EXCEL

FUNCIÓN FRECUENCIA
Cando o número de datos é elevado e decidimos agrupalos en clases, precisamos da función frecuencia para contar cantos elementos hai en cada clase. Tedes dous vídeos da profesora Malena Méndez sobre como calcular o úmero de intervalo e como usar a función frecuencia. Deberedes ter coidado cando fagades a saída dos datos, xa que esta función é de tipo matricial obteremos os resultado pulsando CTRL+ALT+ ENTER.
Na rede hai vídeos mellores sobre este tema pero son para Excel 2007.










REALIZACIÓN DUN HISTOGRAMA
Neste caso tedes dous vídeos porque hai dúas maneiras de abordar este problema.
Utilizando a opción ANALISE DE DATOS ou ben modificando o gráfico de columnas da opción INSERTAR/GRÁFICO





HISTOGRAMA UTILIZANDO GRÁFICOS




HISTOGRAMA COMO UNHA OPCIÓN DE ANÁLISE ESTATÍSTICO EN EXCEL

lunes, 25 de octubre de 2010

RESOLUCIÓN DE ECUACIÓN CON WIRIS

Imos resolver algunha das ecuacións do libro de texto, utilizando Wiris paso a paso
Para aproveitar o tempo, xa crei dous arquivos html onde aparecen as solucións.

LOGARITMOS

Sei que algún de vos non traballachedes con logaritmos en 4º de ESO.
Para axudarvos, tedes o magnífico traballo de F.Javier González Ortiz, quen elaborou os libros electrónicos do PROXECTO MATEX (as matemáticas do Bacharelato en catro libros)



Click na imaxe para acceder
En calquera caso, se seguides tendo dúbidas, falade comigo.

lunes, 18 de octubre de 2010

20 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DA ESTATÍSTICA



Baixo o lema "Celebrando os múltiples logros da Estatística. Servizo, profesionalidade e integridade" a Asamblea Xeral das Nacións Unidas declara o día 20 de outubro Día Mundial da Estatística para sinalar a importancia do traballo que os estatísticos realizan.
Incídise na necesidade dos censo e estatísticas oficiais para comprenden e interpretar o mundo.
No seguinte video podedes ver a declaración institucional feita polas Nacións Unidas na honra de todos os estatísticos e estatísticas do mundo.


Para que vos sexa mais doado seguir a declaración, neste enlace tedes a transcripción en inglés da mesma
Nos visitaremos a sede provincial de Pontevedra do INE, onde nos explicarán como funciona e que tipo de estatísticas realizan.
O video "Un día en cifras" foi realizado polo INE para conmemorar esta data e mostra algunha das cifras do mundo.

Ademais do Instituto Nacional de Estatística, as comunidades autónomas teñen tamén organismos oficias responsables das estatísticas que fan referencia as comunidades autónomas. No caso de Galicia trátase do IGE.
Este Instituto ten un Portal Educativo que explica de forma sinxela os fundamentos da estatística.

domingo, 17 de octubre de 2010

DIVISIÓN POR RUFFINI

Os días que estivemos repasando a factorización de polinomios, houbo varios alumnos enfermos. Para eles y para todos aqueles que tedes dúbidas deixovos varios enlaces para que poidades traballa neso.

Neste enlace podedes comprobar se aplicades ben o algoritmo de Ruffini

WIRIS PARA OS EXERCICIOS DE FRACCIÓNS ALXÉBRICAS

Ás veces cando tedes que factorizar polinomios ou traballar con fraccións alxébricas é de gran axuda utilizar a calculadora on line Wiris.
Deste xeito podedes comprobar que estades a face ben as contas.
De todas as formas, neste enlace tedes resoltos os exercicios do libro de texto que vos indiquei que tiñades que facer.

Ademais se premedes na imaxe aparecen as contas os exercicios paso a paso resoltoscon Wiris

miércoles, 28 de abril de 2010

martes, 23 de marzo de 2010

ORIGAMI E XEOMETRÍA

Xa sabedes que as Matemáticas aparecen en todos os sitios, tamén cando facemos papiroflexia, en concreto, a papiroflexia modular, pezas iguais que se encaixan unhas noutras para crear poliedros de moi diversos tipos. A simetría e a proporcionalidade tamén se poden estudiar utilizando este tipo de origami.


O módulo mais coñecido é o módulo SONOBE, moi sinxelo de facer e que ten moitas posibilidades.





Neste vídeo pode verse como se fai para montar o cubo con seis Sonobes, e unha idea de como se poden obter novas pezas.



Por último, como facer o octaedro estrelado, utilizando unha pequena variación do Sonobe anterior, este módulo ten a ventaxa de que ao facer a peza non se desmonta facilmente