lunes, 16 de mayo de 2011

DERIVADAS

Podedes baixar estas dúas presentacións, a primeira é un boletin de cálculo de derivadas e a segunda é unha táboa de derivadas









lunes, 4 de abril de 2011

ANÁLISE DAS VARIABLES ESTATÍSTICAS

Déixovos aquí mais polo miúdo que tedes que estudar nas variables do vos traballo

domingo, 3 de abril de 2011

TÁBOAS DINÁMICAS EN EXCEL

Moitas veces é importante comparar distintos valores das variables. Cando queremos traballr con varibales bidimensionais condicionadas temos en Excel unha ferramenta denominada Tábias dinámicas. Con esta poderemos ter un resumo dunha variable do proxecto con respecto ao xénero.


Manual de Oficce Excel sobre táboas dinámicas

sábado, 2 de abril de 2011

CONCEPTO DE CONTINUIDADE DUNHA FUNCIÓN NUN PUNTO

Imos introducir o concepto de límite, é dicir interésanos saber cal é o comportamento das funcións cando nos acercamos a un punto. Cando falamos de límites e continuidade é importante que teñamos unha imaxe mental de como é a gráfica das funcións no entorno do punto que estamos a estudar Trátase de que utilizades na clase a unidade didáctica elaborada por Angela Nuñez Castaín en Descartes

domingo, 27 de marzo de 2011

COMO PRESENTAR UN PROXECTO ESTATÍSTICO

Calquera proxecto científico debe conter unha serie de apartado.
Na relación que vos presento faltan dous apartado importantes: As refernecias anteriores e a bilbiografía, no voso caso non é necesario que aparezan.

PREZI: OUTRA FORMA DE FACER PRESENTACIÓNS

Como xa vos teño comentado para defender o traballo de Métodos Estatísticos podedes utilizar ferramentas distintas ao clásico PowerPoint. Hai varias, tal e como podedes ver, no pequeño artigo sobre este tema no xornal ABC. Para min, a mais novedosa e impactante é PREZI. Para que vos fagades una idea de como funciona deixovos varios enlaces: Un exemplo sobre como usar a Estatística feito en Prezi (preme no debuxo)


Un titorial en castelán en You Tube





Outro titorial ( en Inglés) elaborado dende Prezi


A ENQUISA CODIFICADA

Xa temos recollidos as enquisas e codificados os datos nun arquivo Excel. É hora de porse a traballar. Por un lado tedes que comezar a elaborar o informe, recordando os obxectivos e por outro, tedes que tabular e calcular os parámetros das variables que ides estudar.

miércoles, 16 de marzo de 2011

A CONXETURA DE NASH DEMOSTRADA

Como xa vos comentei hoxe, dous matemáticos españois afirmar que demsotrados a conxetura de Nash, utilizando técnicas matemáticas sinxelas.

Nash é un matemático estadounidense que recibiu o premio Nobelde Economía en 1.994 polo desenvolvemento da Teoría de Xogos.

Se premedes na foto, podedes acceder a información sobre este tema do diario ABC.

martes, 15 de marzo de 2011

VALORES DAS VARIABLES DA ENQUISA

Nesta seguinte fase do proxecto, temos que poñer nunha folla de cálculo os datos obtidos a través da enquisa. Como ides facelo todos e tedes que compartir os arquivos, é preciso que os valores das variables se escriban do mesmo xeito. Neste arquivo Excel tedes indicado como chamar as variables e que valores toman. É moi importante que o utilicedes exactamente así.

miércoles, 9 de marzo de 2011

INTERVALOS DE CONFIANZA

Imos introducir o concepto de intervalo de confianza, é dicir, un intervalo centrado nun parámetro da mostra que nos vai permitir estimar o valor do mesmo parámetro na poboación.



Nestas esceas de Descartes tedes de forma sinxela a teoría que imos utilizar.

domingo, 6 de febrero de 2011

O NOVO CENSO POBLACIONAL

En Setembro de 2011 comezará a recollida de datos para a elaboración do censo da poboación española. A diferenza do ocorrido ata agora non se entrevistará porta por porta a todos os habitantes do Estado español senón que se recollerán dunha mostra representativa.
Este tema está dando lugar a un forte debate sobre as vantaxes e inconvintes desta forma de recollida de datos.
Un artigo de El Pais do 4 de febreiro aparece un resume das distintas opinións, deberedes lelo e elaborar un informe sobre este tema.










martes, 25 de enero de 2011

XEOMETRÍA ANALÍTICA E GEOGEBRA

Neste enlace podedes ver actividades realizadas con Geogebra, que vos permitirán traballar cos principais aspectos sobre rectas e vectores que imos explicar estes días.

AMPLIACIÓN DO CONCEPTO DE ÁNGULO

Xa tedes a vosa disposición a presentación electrónica sobre esta parte de TRIGONOMETRÍA que vos estiven explicando o outro día. Trátase dunha versión desta presentación que ten a Editorial SM