miércoles, 28 de abril de 2010
martes, 23 de marzo de 2010
ORIGAMI E XEOMETRÍA
O módulo mais coñecido é o módulo SONOBE, moi sinxelo de facer e que ten moitas posibilidades.
Neste vídeo pode verse como se fai para montar o cubo con seis Sonobes, e unha idea de como se poden obter novas pezas.
Por último, como facer o octaedro estrelado, utilizando unha pequena variación do Sonobe anterior, este módulo ten a ventaxa de que ao facer a peza non se desmonta facilmente
lunes, 28 de diciembre de 2009
REPASO DOS TEMAS DA 1ª AVALIACIÓN. 1º BAC CCNN

Empezarei por poñervos uns enlaces da páxina vitutor.net. Algúns de vos sodes uns expertos nesta páxina, ten de todo un pouco e pode servos de utilidade para repasar.
Radicais e logaritmos. Exercicios do 3 ao 9
domingo, 15 de noviembre de 2009
INTERPRETACIÓN GRÁFICAS DOS SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS CON DÚAS INCÓGNITAS
O traballo que vos propoño: ELABORAR UN INFORME SOBRE A RESOLUCIÓN GRÁFICA DE SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS CON DÚAS INCÓGNITAS non é conceptualmente difícil , o obxectivo é que sexades capaces de elaboralo con rigor e precisión. Tedes un pequeno guión que vos axude a ordear as ideas.
Recordade que os grupos deben estar formados por dúas ou tres persoas.
Data límite de entrega: 26 de novembro.
Para facer representacións de funcións hai moitas ferramentas, hoxe fixarémonos nun programa de distribución GNU (Licenza Pública Xeral) totalmente gratuíto e con posibilidades de accede e modificar o código fonte, denomínase GRAFH, pódese descargar libremente dende ESTA PÁXINA WEB
Sempre que vos sexa posible utilizade este tipo de programas, xa que desta forma estamos poñendo en valor o traballo altruísta de moita xente. Ademais neste momento existen programas moi diversos de moi boa calidade
Déixovos tamén unha presentacións electrónica que vos pode dar ideas de cómo facelo:
GUIÓN:
- Introdución
- Definición de sistemas de ecs lineais con dúas incógnitas
- Clasificación dos sistemas atendendo ao número de solucións
- Representación gráfica dunha ecuación lineal con dúas incógnitas ax+by=c
- Representación gráfica dos sistemas de dúas incógnitas
- Relación entre a solución gráfica dun sistema de ecuacións e a súa clasificación. Exemplos.
- Condicións que deben cumprir as ecuacións dun sistema en función das solucións do sistema
- Referencias e bibliografía
lunes, 26 de octubre de 2009
LOGARITMOS

Tedes ademais estos videos, onde explican algunhas aplicacións dos logaritmos. Prestade atención ao vídeo sobre logaritmos decimais e neperianos. Tamén é moi interesante o exercico que aparece neste.
Por último, uns exercicios para que practiquedes
jueves, 15 de octubre de 2009
A CALCULADORA ON LINE WIRIS
Ao longo deste curso presentareivos varias ferramentas da rede, que vos facilitarán o traballo.
A primeira delas é unha calculadora on line denominada: WIRIS
Seu uso é moi sinxelo, a pesar diso aquí tedes varios vídeos e un manual que vos pode axudar a usala.

miércoles, 14 de octubre de 2009
POTENCIAS DE 10
A páxina Web http://www.powersof10.com/ é unha páxina adicada as potencias de 10, a través dela podese ver a película orixinal, o único que tes que facer é rexistrate.
O vídeo que vos deixo ten a imaxe orixinal da película pero o audio está traducido