lunes, 28 de diciembre de 2009

REPASO DOS TEMAS DA 1ª AVALIACIÓN. 1º BAC CCNN


Tal e como quedamos o último día de clase, vouvos subir ao Blog unha colección de exercicios de repaso para que poidades preparar a recuperación que imos facer a volta das vacacións do Nadal.
Empezarei por poñervos uns enlaces da páxina vitutor.net. Algúns de vos sodes uns expertos nesta páxina, ten de todo un pouco e pode servos de utilidade para repasar.

Radicais e logaritmos. Exercicios do 3 ao 9




Ecuacións exponeciais e logaritmicas. Neste enlace tedes aceso a moitos exercicios
Será certo o que pensa a muller do chiste de Forges?.

domingo, 15 de noviembre de 2009

INTERPRETACIÓN GRÁFICAS DOS SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS CON DÚAS INCÓGNITAS

O traballo que vos propoño: ELABORAR UN INFORME SOBRE A RESOLUCIÓN GRÁFICA DE SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS CON DÚAS INCÓGNITAS non é conceptualmente difícil , o obxectivo é que sexades capaces de elaboralo con rigor e precisión. Tedes un pequeno guión que vos axude a ordear as ideas.

Recordade que os grupos deben estar formados por dúas ou tres persoas.

Data límite de entrega: 26 de novembro.

Para facer representacións de funcións hai moitas ferramentas, hoxe fixarémonos nun programa de distribución GNU (Licenza Pública Xeral) totalmente gratuíto e con posibilidades de accede e modificar o código fonte, denomínase GRAFH, pódese descargar libremente dende ESTA PÁXINA WEB

Sempre que vos sexa posible utilizade este tipo de programas, xa que desta forma estamos poñendo en valor o traballo altruísta de moita xente. Ademais neste momento existen programas moi diversos de moi boa calidade

Déixovos tamén unha presentacións electrónica que vos pode dar ideas de cómo facelo:

GUIÓN:

  1. Introdución
  2. Definición de sistemas de ecs lineais con dúas incógnitas
  3. Clasificación dos sistemas atendendo ao número de solucións
  4. Representación gráfica dunha ecuación lineal con dúas incógnitas ax+by=c
  5. Representación gráfica dos sistemas de dúas incógnitas
  6. Relación entre a solución gráfica dun sistema de ecuacións e a súa clasificación. Exemplos.
  7. Condicións que deben cumprir as ecuacións dun sistema en función das solucións do sistema
  8. Referencias e bibliografía


lunes, 26 de octubre de 2009

LOGARITMOS

A petición do voso compañeiro Hugo, deixovos unha presentación realizada polo profesor Héctor Espinosa Fernández (Trujillo-Perú) onde aparece a definición e as propiedades dos logaritmos.



Tedes ademais estos videos, onde explican algunhas aplicacións dos logaritmos. Prestade atención ao vídeo sobre logaritmos decimais e neperianos. Tamén é moi interesante o exercico que aparece neste.

(via CIBERMATEX)
Por último, uns exercicios para que practiquedes

jueves, 15 de octubre de 2009

A CALCULADORA ON LINE WIRIS

Ao longo deste curso presentareivos varias ferramentas da rede, que vos facilitarán o traballo.

A primeira delas é unha calculadora on line denominada: WIRIS, aínda que non realiza cálculos moi difíciles, permítevos facer todas as contas que poidades ter ao longo do Bacharelato e a ESO.

Seu uso é moi sinxelo, a pesar diso aquí tedes varios vídeos e un manual que vos pode axudar a usala.


miércoles, 14 de octubre de 2009

POTENCIAS DE 10

En 1.977, Charles y Ray Eames fixeron unha película de nove minutos titulada 'Potencias de Diez' -Powers of Ten “, que fala da medida e da distancia. Baseada nesa idea xurdiron moitas películas e presentacións parecidas.
A páxina Web http://www.powersof10.com/ é unha páxina adicada as potencias de 10, a través dela podese ver a película orixinal, o único que tes que facer é rexistrate.
O vídeo que vos deixo ten a imaxe orixinal da película pero o audio está traducido


martes, 29 de septiembre de 2009

HAINOS QUE FAN MAIS BARBARIDADES QUE VOS.

O voso compañeiro Anxo púxome sobre a pegada destas barbaridades que cometeron algún alumnos e alumnas nos exames. Sei que é imposible que vos fagades o mesmo.

POTENCIAS E RADICAIS


Comezamos o curso co calculo de radicais, as veces cústavos botar andar e decatarvos de que a forma de facer operación é a mesma sexan números reais ou racionais.

Aquí déixovos unha serie de enlaces que vos permitirán practicar e aclarar conceptos.

Radicales en Descartes 3D: Unha introdución aos conceptos de radicais e algún exemplos e exercicios sinxelos, están no Proxecto Descartes. Debedes seguir as instrucións que se dan na unidade e polo tanto copiar no caderno de traballo os exemplos e os exercicios que debedes resolver para avanzar.

Agora un pouco mais complicado, realizade os exercicios que vos parecen neste arquivo, fíxate nas racionalizacións. Data límite de entrega: 14 de outubro