domingo, 27 de marzo de 2011

A ENQUISA CODIFICADA

Xa temos recollidos as enquisas e codificados os datos nun arquivo Excel. É hora de porse a traballar. Por un lado tedes que comezar a elaborar o informe, recordando os obxectivos e por outro, tedes que tabular e calcular os parámetros das variables que ides estudar.

miércoles, 16 de marzo de 2011

A CONXETURA DE NASH DEMOSTRADA

Como xa vos comentei hoxe, dous matemáticos españois afirmar que demsotrados a conxetura de Nash, utilizando técnicas matemáticas sinxelas.

Nash é un matemático estadounidense que recibiu o premio Nobelde Economía en 1.994 polo desenvolvemento da Teoría de Xogos.

Se premedes na foto, podedes acceder a información sobre este tema do diario ABC.

martes, 15 de marzo de 2011

VALORES DAS VARIABLES DA ENQUISA

Nesta seguinte fase do proxecto, temos que poñer nunha folla de cálculo os datos obtidos a través da enquisa. Como ides facelo todos e tedes que compartir os arquivos, é preciso que os valores das variables se escriban do mesmo xeito. Neste arquivo Excel tedes indicado como chamar as variables e que valores toman. É moi importante que o utilicedes exactamente así.

miércoles, 9 de marzo de 2011

INTERVALOS DE CONFIANZA

Imos introducir o concepto de intervalo de confianza, é dicir, un intervalo centrado nun parámetro da mostra que nos vai permitir estimar o valor do mesmo parámetro na poboación.



Nestas esceas de Descartes tedes de forma sinxela a teoría que imos utilizar.

domingo, 6 de febrero de 2011

O NOVO CENSO POBLACIONAL

En Setembro de 2011 comezará a recollida de datos para a elaboración do censo da poboación española. A diferenza do ocorrido ata agora non se entrevistará porta por porta a todos os habitantes do Estado español senón que se recollerán dunha mostra representativa.
Este tema está dando lugar a un forte debate sobre as vantaxes e inconvintes desta forma de recollida de datos.
Un artigo de El Pais do 4 de febreiro aparece un resume das distintas opinións, deberedes lelo e elaborar un informe sobre este tema.










martes, 25 de enero de 2011

XEOMETRÍA ANALÍTICA E GEOGEBRA

Neste enlace podedes ver actividades realizadas con Geogebra, que vos permitirán traballar cos principais aspectos sobre rectas e vectores que imos explicar estes días.

AMPLIACIÓN DO CONCEPTO DE ÁNGULO

Xa tedes a vosa disposición a presentación electrónica sobre esta parte de TRIGONOMETRÍA que vos estiven explicando o outro día. Trátase dunha versión desta presentación que ten a Editorial SM